jueves, 11 de febrero de 2016

VÍA BILIAR

Está formada por ácidos biliares, pigmentos, colesterol, fosfolípidos, proteínas e eletrolitos.
Secrétanse ao día 500-600mL de bile, que serven para absorber graxas.A capacidade da vesícula biliar para almacenar a bile é de 30 mL.
LITIASE BILIAR OU COLELITIASE
É a formación de cálculos biliares a través de compoñentes que se atopan na bile normais ou anormais.

PODEN SER:
Mixtos e de colesterol: son os máis habituais: pódense formar por perder moito peso, fármacos, resección ileal, idade.
Pigmentarios: só se dán no 20% dos casos e son máis graves:debense a idades moi altas, cirroses hepáticas, infeccións biliares moi repetitivas, nutrición parenteral.

Se tes cálculos renais non te preocupes en exceso, é unha doenza que afecta ao 10% da poboación mundial!

Os cálculos biliares se són pequenos probablemente non che den síntomas, si son grandes prodúcense CÓLICOS BILIARES.
É unha dor visceral moi forte que non se localiza moi ben e que pode durar dende 30 minutos ata 5 horas.
Esta dor irrádiase a escápula.
Provoca náuseas e vómitos.
Febre.
Adoita ser case sempre pola noite e pode desencadearse tras consumir alimentos moi graxos.

A COLELITIASE PODE PROVOCAR COMO VEREMOS MÁIS ADIANTE:
Colecistitis aguda: inflamación da vesícula biliar.
Coledocolitiase: obstrucción do colédoco por cálculos.
Colanxite: infección e inflamación das vías biliares e pancreatite.

DIAGNÓSTICO
COLANXIORESONANCIAMAGNETICA














ECOGRAFÍA ABDOMINAL E ULTRASONOGRAFÍA

TRATAMENTO
Só se trata se os cálculos son <3cm.
Se hai calcificación vesicular que se asocia a cancro.
Se tivo pancreatite, fístula biliar ou colecistite previa.
CON SÍNTOMAS
Analxesia, tratamento quirúrxico programado: colecistectomía laparoscópica.

COLECISTITE BILIAR AGUDA
É a inflamación da vesícula por escherichia coli ou obstrución do cístico.

ETIOLOXÍA
1.Litiásica 90%.
2.Antiásica 10%.
3.Enfisema 1%.
CLÍNICA/SIGNOS
Signo de murphy: dor en hipocondrio dereito.
Sintomas similares a cólico biliar:
Dor irradiado a escápula.
Náuseas e vómitos.
Febre baixa.
DIAGNÓSTICO
Hai sospeita clínica.
Leucocitose que tamén faremos na colanxite.
Ecografía abdominal como na colelitiase.
TRATAMENTO DA COLECISTITE
Líquidos IV como na coledocolitiase e colanxite.
Analxesia e antibióticos como na coledocolitiase e colanxite.
Colecistectomía laparasópica aberta como na colelitiase.

COLEDOCOLITIASE
Acumulación de cálculos no colédoco que provocan obstrucción.
CLÍNICA
Poden ser asintomáticos ou provocar cólicos biliares.
Ictericia como na colanxite.
Colanxite: infección das vías biliares.
Pancreatite.
TRATAMENTO
Líquidos IV: colecistite, colanxite.
Analxesia e antibióticos: colecistite, colanxite.
CPRE como na colanxite.
Colecistectomía laparascópica aberta como colecistite.
DIAGNÓSTICO
CPRE, Colanxiorresonancia magnética como na colelitiase.

COLANXITE

Inflamación e infección das vías biliares.
ETIOLOXÍA
Coledocolitiase.
Esfinterotomía.
Manipulación da vía biliar.
CLÍNICA/SIGNOS
Ictericia como na coledocolitisde.
TRIADA DE CHARCOT: Dor en hipocondrio dereito e febre itermitente.
COMPLICACIÓNS DUNHA COLANXITE
Absceso hepático.
DIAGNÓSTICO
Leucocitose como na colecistite.
Hemocultivos.
Tac abdominal para ver o absceso.
TRATAMENTO
Líquidos IV.
Analxesia e antibióticos.
CPRE.
Descompresión quirúrxica.


OUTRAS PATOLOXÍAS

HEPATITE AUTOINMUNE
Trátase con inmunosupresores.
CIRROSE BILIAR PRIMARIA

Colestase: elévase a bilirrubina.
Prurito.
Máis en mulleres.
Trátase con quelantes ou secuestradores.


















COLANXITE ESCLEROSANTE PRIMARIA
Asóciase a colite ulcerosa e é máis frecuente nos homes.
ENFERMIDADE DE WILSON
Deficiencia no metabolismo de Cobre, polo que este se acumula en lugares como a córnea ou o fígado.
HEMOCROMATOSE
Deficiencia metabólica do ferro polo que como ocorría antes o ferro acumúlase no organismo, por exemplo no sangue. Por iso se fan as flebotomías máis coñecidas comunmente como sangrías, onde se elimina todo o Fe en exceso.

FÍGADO E ALCOHOL

Cando se consume alcohol hai que ter varias cuestións en conta:
CANTO ALCOHOL SE CONSUME.
DURANTE CANTO TEMPO ESTIVO A PERSOA CONSUMINDO.
QUE TAN SUSCEPTIBLE PODE SER ESA PERSOA POLAS SÚAS  CARACTERÍSTICAS

FÍGADO GRAXO POR ALCOHOL:
Prodúcese unha ESTEATOHEPATITE ALCOHÓLICA
Lesión inicial: GOT>GPT É dicir hai máis transaminasas inespecífica mitocondrias que específicas citosólicas.
Elévase a GGT que recordemos era indicativa de colestase, cirrose, diabete,consumo de alcohol.

CLÍNICA: Moi grave e mortal.
TRATAMENTO: Corticoides.
Evoluciona a cirrose e hepatocarcinoma.
ESTEATOHEPATITE NON ALCOHÓLICA
Histolóxicamente a lesión é practicamente a mesma e pode evolucionar a cirrose.É unha enfermidade metabólica que asociamos a:
-Obesidade
-Malnutrición
-Resistencia a insulina
-Diabete tipo II
-Dislipemia: moitos lípidos no sangue.
TRATAMENTO
O tratamento basearase nos teus estilos de vida, polo tanto:
Perde peso, fai exercicio, dieta e toma vitamina E!!

HEPATITE E

Como xa dixemos a transmisión da hepatite E vai ser feco-oral e sobre todo dase en lugares onde as condicións hixiénicas son insalubres. Hai reservorios desta enfermidade incluso nos animais, como o porco.

Xa vimos que non podemos ser portadores de hepatite E e polo tanto imos presentar os síntomas da enfermidade.
¿QUENES TEÑEN RISCO DE SER PACIENTES CRÓNICOS?

Transplantes hepáticos.
VIH.
Quimioterapia.

¿É MOI LETAL A HEPATITE E?
O certo é que non. Das persoas que se contaxian tan só o 2% falecerá. Iso sí, hai que ter moito coidado coas embarazadas pois elas teñen o 20% de posibilidades de morrer por esta patoloxía.

TRATAMENTO A LEVAR A CABO

Igual que na hepatite B: Interferón.
Ribavirina.

Non hai profilaxe pois polo momento non existe vacina.

HEPATITE C

Transmisión parenteral e sexual.
O 90 % das hepáticas débense a transfusións.
Non adoita haber un factor de risco específico
Inactívase pola calor e é moi inestable a temperatura ambiente. Tamén se inactiva co hipoclorito.
Xenotipos 1-6.

MANIFESTACIÓNS CLÍNICAS E SUBCLÍNICAS
Incubación 15-150 días.
Adoitan ser asintomáticas.

CLÍNICA
Extrahepática:
Xeral, cutánea, hematotóxica.

ALTERACIÓNS DE LABORATORIO
Elevación das transaminasas.
Bastante colestásica polo que hai elevación da bilirrubina.
Alteración da coagulación.INR.

EVOLUCIÓN
Cura ou cronifica(80%).

HEPATITE CRÓNICA-EVOLUCIÓN A CIRROSE
Hepatite aguda: curación espontánea.20%.
Cronifica 80%.
Cirrose 30%-Descompensada 6%-cancro 4%.
Morte ou transplante.

HEPATITE B

A transmisión da hepatite B pode ser sexual, parenteral ou por contactos íntimos,perinatal.
Destrúese coa calor, co formol e o hipoclorito.
Persiste a temperatura ambiente cousa que o C veremos que malamente.
Aguanta anos conxelado.
Sobretodo en África e Asia pola transmisión vertical.

MANIFESTACIÓNS CLÍNICAS E DE LABORATORIO
Icubación 1-6 meses.
Non acolia.
MANIFESTACIÓNS EXTRAHEPÁTICAS:

  • Cutáneas.
  • Neumatolóxicas.
  • Neurotóxicas.
  • Hematotóxicas.
LABORATORIO
Elevación das transaminasas<1000Ul
Alteracións na coagulación INR.
Bastante colestásica: bilirrubina alta.
Fulminante: encefalopatía.

EVOLUCIÓN
Curación.
Portador 1-30%.
Cronifícase o 10% se hai infección sendo adulto, e o 90% se a transmisión foi vertical.
Fulminante 1% require transplante.

HEPATITE B CRÓNICA
Hai moito risco de hepatocarcinoma.
Tratamento: INTERFERÓN: que é unha proteínas que impide a multiplicación das células cancerosas e ANTIVIRAIS.

PROFILAXE
A día de hoxe e unha vacina que se recolle no calendario vacinal.
No ano 82 xa se vacinaban moitos grupos específicos como: traballadores sanitarios, presos, enfermos psiquiátricos,hepatopatía, diálese ou hemoderivados.
Contacto sexual e convivintes.



*VIRUS HEPATITE D
É un virus defectivo, é dicir necesita doutra hepatite para activarse.
Sexual ou parenteral, e a profilaxe será a mesma que na hepatite B.




HEPATITE

A hepatite é unha enfermidade causada por virus hepatotropos, é dicir que teñen afinidade polo fígado.
ALTERACIÓNS BIOQUÍMICAS
Aumentan as transaminasas(enzimas do fígado)
Ictéricia: cor amarelo ou anictéricas, sen ictericia.
TRANSMISIÓN DOS VIRUS
Feco-oral.A E.
Oral-oral.B
Sexual.B C D
Parenteral.B C D
EVOLUCIÓN
A: nunca cronifica.
A B E: poden ser fulminantes.
B E C D: curan ou cronifícanse.
E: non podes ser portador.

VHA
Transmisión feco-oral, sobre todo en países poucos desarrollados por falta de hixiene.
Este virus resiste a calor, de feito aguanta máis de 12 horas a 60ºC.É un ácido éter.
Pode persistir conxelado.
Para matalo é necesario sometelo a 100º C máis de 5 minutos.
Sobre todo en nenos.
MANIFESTACIÓNS CLÍNICAS E DE LABORATORIO
Incubación 15-45 días.
Adoita haber diarrea.
Se padeces este virus de pequeno non adoita haber síntomas graves, se o padeces de maior si.
CLÍNICA

  1. Astenia.
  2. Anorexia
  3. Náuseas e vómitos.
  4. Ictericia.
  5. Acolia: non hai pigmento biliar nas feces.
  6. Prurito.
  7. Artralxia: dor nas articulacións.
  8. Mialxia: dor muscular.
  9. Dor en hipocondrio dereito.Onde se atopa o fígado.
LABORATORIO
Elevación das transaminasas. <1000UL/mL
Bastante colestásica párase o fluxo de bile: Elevación da bilirrubina<19mG/dL.
Altérase a coagulación. O INR vese afectado.
Fulminante: encefalopatía.

EVOLUCIÓN
Non cronifica polo tanto ou curas ou morres. 
Fulminate 0'1%. Transplante hepático.
Non hai tratamento porque é unha enfermidade que nunca cronifica.

PROFILAXE
Vacinas sobre todo a pacientes:
-Hepatopatías crónicas.
-Turistas que van a zonas endémicas.
-Militares.
-Indicación abonal: nenos, manexo de feces.

INMUNOGLOBULINAS
Inmunidade permanente IgG.
Sen risco de hepatocarcinoma.